Calyptophractus retusus
Calyptophractus retusus Pichiciego grande | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina da especie publicada por Burmeister | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Calyptophractus retusus Burmeister, 1863 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Calyptophractus retusus
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Calyptophractus retusus, coñecido vulgarmente na literatura internacional como pichiciego grande, ou pichiciego chaqueño, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos,[2] a única incluída no xénero Calyptophractus.[3]
Características, hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un armadillo de pequeno tamaño (aproximadamente duns 17 cm). É de cor parda amarelada, aínda que ten pelo branco nas partes laterais e no ventre. Como todos os armadillos, ten unha coiraza ósea na rexión dorsal.
Aliméntase de insectos. Habita en zonas areosas, e é un bo escavador. Encóntrase na rexión do Gran Chaco, no sueste de Bolivia, o oeste de Paraguai e o extremo norte da Arxentina. O seu hábitat natural son as matogueiras secas tropicais e subtropicais, e os pastos secos das terras baixas. A especie na actualidade está ameazada pola perda dos seus hábitats.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cuéllar, E.; Meritt, D. A.; Delsuc, F.; Superina, M. & Abba, A. M. (2014): Calyptophractus retusus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 24 de xaneiro de 2016.
- ↑ Euphractinae en MSW.
- ↑ Calyptophractus en MSW.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calyptophractus retusus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Calyptophractus retusus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Calyptophractus retusus na ADW. Con informacións da especie. (en inglés)
- Calyptophractus retusus na EOL.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |